A Tita Toñi deume a probar unha brebaxe máxica e despois de catalo dinme conta que podíamos facela e dar a coñecer este licor a toda a xente que nos rodea.
CULTIVO DA MENTA
E collimos o toro polos cornos e emprendimos esta viaxe que refresca as gorxas dos máis esixentes paladares.
Pouco a pouco, entre amigos, catando entre conversas e risas tomamos a iniciativa de comezar a colleita casera que foi o primeiro paso para saber se isto tiña futuro.
MACERACIÓN DA BREBAXE
Non imos a descubrir todo o proceso xa que ten, aparte dos ingredientes, a colaboración de amig@s e comederos de cabeza de todos eles para que o producto final forme parte da sobremesa das suas casas e da miña.
MIXTURA
Agora van ver, despois de toda a elaboración, o brebaxe que encanta a algúns e catan todos para poder opinar de seu sabor e textura.
ENGARRAFAMENTO
Tivemos moitos inconvientes para poder chegar a este punto e moitas horas dedicadas para que este licor esté agora publicado neste blog e podades coñecer todo o que acontece.
DECORACIÓN...
Como podedes comprobar...entre pastiñas de chocolate e café recen feito...van saindo as cousas.
Estades a divisar como quedaron as botellas de distintos tipos,estilos e deseños, espero que vos gusten. A miña amiga Leila tivo moi boas ideas.
Dependendo da distribución da colleita vai dun deseño
diferente en cada ocasión.
TELA DE SACO,RAFIA E FIOS DE CORES VARIADOS...
Esta brebaxe máxica debese conservar no conxelador,o seu punto esta no frio para que o paladar saboree todos os recunchos que posee.
ETIQUETADO PROVISIONAL
Aquí amosan as Mostras
Degustación distribuida polo
Casco Vello de Vigo.